Home Noticias Aperturas especiais bibliotecas exámenes Maio 2013
Aperturas especiais bibliotecas exámenes Maio 2013 PDF Imprimir E-mail
Escrito por Daniel Ruibal   
Martes, 09 de Abril de 2013 10:57

 

APERTURAS ESPECIAIS DE BIBLIOTECAS PARA OS EXAMES DO SEGUNDO CUADRIMESTRE

 

Para facilitar ao alumnado a preparación dos exames do segundo cuadrimestre deste curso 2012-13, a Biblioteca Universitaria vai desenvolver a partir do vindeiro 13 de abril a súa programación de aperturas especiais de bibliotecas nos tres campus.  As datas e horarios das aperturas son os seguintes...

 

Aperturas de fin de semana:

Sábados e domingos comprendidos entre o 13 de abril e o 12 de maio de 2013 (e o festivo 1 de maio) en horario ininterrompido de 8 a 22 h. nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra.  Como reforzo, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá esas mesmas fins de semana en horario de 9 a 21 h.

Aperturas nocturnas:

De luns a venres (agás festivos) do 15 de abril ao 10 de maio de 2013, en horario ata as 3 da madrugada, nas bibliotecas Central de Ourense e Central de Pontevedra. Na biblioteca de Torrecedeira o horario nocturno prolongarase ata o 15 de maio.

 

 

Toda a info sobre a biblioteca no Blog da Biblio

Última actualización el Martes, 09 de Abril de 2013 19:00