Home Noticias Visitas a empresas para os alumnos da Escola de Enxeñeria Industrial
Visitas a empresas para os alumnos da Escola de Enxeñeria Industrial PDF Imprimir E-mail
Escrito por Daniel Ruibal   
Miércoles, 09 de Octubre de 2013 08:08

23/10/2013 XA ESTA O AFORO COMPLETO PARA A PRIMEIRA VISITA

Dende a Delegación de alumnos estase a organizar visitas as empresas para poñernos en contacto con elas e mostrarvos como é o seu funcionamiento. Como estas visitas non teñen relación con ningunha asignatura, podedes vir, independentemente da vosa rama, aínda que vos sacará algunha que outra hora de clase posiblemente.


Estamos pensando en facer 1 ou 2 visitas a empresas por mes, evitando sempre os periodos de exames. La primeira que faremos sería a ENCE en Marín, e a uno dos asociados no Grupo NOGAR.

Como xa sabéis, ENCE é unha empresa que se adica á producion da pasta de papel e de enerxía e  que esta moi interesada en recibir futuros enxeñeiros.
Conseguimos que a Universidade nos deixe un autobús para ó transporte ata Marín polo que a visita será completamente gratuita. Só tendes que encher este formulario e dicir que días vos ven mellor.
O horario de saída sería o redor das 9:30 da mañá no cuvi e poderíase organizar unha parada en Peritos si fose necesario.

Debedes e incluir os vosos datos. Rogamos que si estades interesados "reservedes" a vosa praza con honestidade.

 

->> FORMULARIO <<-

Un cordial saúdo a tod@s!!


Última actualización el Miércoles, 23 de Octubre de 2013 17:52