Home Ofertas PFC Estudio experimental da soldadura por indución de composites
Estudio experimental da soldadura por indución de composites PDF Imprimir E-mail
Martes, 02 de Octubre de 2012 13:42

 

Comunicamos a seguinte oferta de PFC:

 

A gran demanda de novos materiais enxeñerís, con propiedades moi específicas, trae como consecuencia a busca e o desenvolvemento de diferentes vías para a súa obtención. Neste senso, ol reforzo de materiais termoplásticos con fibras de diferentes tipos representa unha alternativa moi prometedora, así, nos últimos anos o emprego de materiais termoplásticos reforzados (TPC’s) estase a introducir en sectores industriais tan diversos como o sector aeronáutico, a medicina, a construción civil, etc.

Esta diversificación no uso de TPC’s implica que en ocasións sexa necesario fabricar pezas moi grandes e complexas, fundamentalmente no caso da construción civil. Sen embargo, as restricións mecánicas que teñen estes materiais debido á presenza de fibras, fai que soamente se podan producir estruturas con xeometrías relativamente sinxelas. Esta é a razón que sexa fundamental poder desenvolver e implementar novos procedementos de unión, rápidos e eficaces, de tal xeitos que se podan obter estruturas con xeometrías complexas.

Actualmente empréganse numerosos procedementos para a unión de termoplásticos reforzados, sendo as técnicas de soldadura as máis interesantes pola natureza de estes materiais. De todos los procedementos de soldadura aplicables aos TPC’s, os máis axeitados serían aqueles que conseguen quentar xustamente a zona do composite entorno a onde se pretende efectuar a unión. Una de estas técnicas é a soldadura por indución. Neste tipo de soldadura o quentamento das superficies, que van a ser unidas ata a temperatura de fusión, acádase aplicando calor por indución.

O obxectivo do presente PFC sería investigar o proceso de soldadura por indución de diferentes composites baseados en PP reforzado con fibra de vidro. O propósito final sería analizar cómo inflúen os diferentes parámetros de soldadura: potencia, tempo de quentamento, dirección do laminado, inserto, etc, na soldabilidade do material en función das

súas propiedades térmicas. Finalmente, se tratará de establecer un intervalo de soldadura para cada composite en función das súas características térmicas.

Traballo a realizar no AIMEN: soldadura por indución e ensaios mecánicos.

Traballo a realizar na Universidade de Vigo (Área de Enxeñería de Materiais): propiedades térmicas (DSC, TGA), ensaios mecánicos.

Duración estimada: 4-5 meses

Titulacións ás que está dirixido el PFC: Enxeñeiros de Minas (especialiedade de Materiais) e Enxeñeiros Industriais (especialidades de Mecánica ou Química Industrial).

Persoa de contacto: Mª del Carmen Pérez Pérez ( Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla )

 

Última actualización el Viernes, 05 de Octubre de 2012 16:48