Home Noticias Convocatoria GE4:prazas con Asia-América Latina para estudantes de enxeñarías
Convocatoria GE4:prazas con Asia-América Latina para estudantes de enxeñarías PDF Imprimir E-mail
Escrito por Daniel Ruibal   
Jueves, 04 de Octubre de 2012 20:10

 

Infórmase da publicación dun novo programa da Universidade de Vigo de intercambio de estudantes de enxeñarías co GE4 para Asia e América Latina:

Con data 4 de outubro de 2012 públicase Resolución Reitoral da Universidade de Vigo pola que se abre a convocatoria de 4 prazas de intercambio de enxeñarías co GE4 para o curso académico 2012-2013, segundo cuadrimestre, dentro do convenio de colaboracion entre a Universidade de Vigo e o GE4.

Para mais información (convocatoria, listaxe de universidades en Asia e América Latina participantes no programa e impresos de solicitude):
http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/ori/uvigo/

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de outubro de 2012.

O GE4 (Global Education for European Engineers and Entrepreneurs) (www.ge4.org) é unha asociación que ten como obxectivo promover os intercambios de excelencia de estudantes no ámbito da enxeñaría.

Saúdos cordiais,

Última actualización el Lunes, 08 de Octubre de 2012 13:35